April 11th, 2010UVIGO: a universidade do futuro
Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo consta tres campus dentro da rexión: o de Vigo, o de Pontevedra e o de Ourense.
O campus de Vigo está situado a 20 minutos do centro en autobús (vitrasas U1, U2, C15 y 8). Os edificios foron deseñados por famosos arquitectos como Enric Miralles, Alberto Noguerol, Pilar Díez, César Portela ou Gabriel Santos Zas. Neste campus atopamos a licenciatura en Tradución e Interpretación, aínda que se dun título en extinción, xa que desde agora pasarase a chamar grao en Tradución e Interpretación.
O campus de Pontevedra ten menos opcións de títulos, pero os que ten son moi demandados (fisioterapia, belas artes, publicidade e relacións públicas…) Ademais, o campus de Pontevedra será o primeiro en ter unha gardería infantil en toda a Universidade de Vigo. Vai ter 61 prazas para os fillos do cadro de persoal administrativo, docentes e alumnos.
No campus de Ourense é importante a Facultade de Dereito. Un dos eventos representativos deste campus son as Xornadas Técnicas de Software Libre de Gulo (o Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense).
A nivel global, podemos resaltar a plataforma APV (área de posgrao virtual) onde a universidade oferta cursos oficiais, tanto virtuais como presenciais. Podemos atopar cursos de formación para docentes, alumnos e persoas externas á universidade. Todos os cursos que se ofertan teñen un diploma acreditativo.
Por outra banda, e desde o punto de vista máis empresarial, cómpre nomear á fundación Uvigo, que nos últimos años adícase a proporcionar servizos integrais de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego. Noutras palabras, os alumnos diríxense a esta fundación cos datos da empresa onde queren facer as prácticas da carreira e eles xestionan coa empresa a contratación do alumno/a cunhas condicións moi beneficiosas para a empresa.
María Dolores González
Quills Language Services
www.quillslanguage.com
No Comments »
No comments yet.
Leave a comment
You must be logged in to post a comment.



