Empresa de traduccion

 

O próximo ano implantaranse dous novos másters que se acaban de aprobar na Universidade de Vigo. Ámbolos dous están relacionados coa tradución e coa interpretación, polo que serán moi útiles se estamos a pensar en continuar coa nosa formación.

En primeiro lugar, temos o Máster Universitario en Tradución Multimedia. Para completalo débense cursar todas as materias do módulo teórico-metodolóxico e escoller 5 das 6 materias dos demais módulos que se expoñen a continuación. Ademais, tamén hai que completar un módulo práctico, que inclúe o traballo de fin de máster e as prácticas en empresas. Ademais destas materias tan atractivas, tamén temos que mencionar que haberá docentes moi variados, entre os que se atopa, por exemplo, Jorge Díaz Cintas.

Módulo teórico-metodolóxico (obrigatorio)

1. Recursos documentais para a tradución multimedia (6 cr.)

2. Aspectos interculturais da tradución multimedia (6 cr.)

3. Novas tecnoloxías e tradución multimedia (6 cr.)

 

Módulo de localización

Localización de páxinas web (6 cr.)

Localización de software (6 cr.)

Localización de videoxogos (6 cr.)

 

Módulo de tradución audiovisual

Dobraxe (6 cr.)

Subtitulado (6 cr.)

Voice-over (6 cr.)

 

Módulo práctico

Traballo Fin de Máster (6 cr.)

Prácticas en empresas (6 cr.)

No segundo lugar, temos o Máster Universitario en Interpretación de Conferencias. A continuación, os diferentes módulos que se deberán cursar:

1. Módulo teórico-introductorio:

- Teoría da Interpretación

- Terminoloxía y Documentación

- Organismos e Reunións Nacionais e Internacionais

- Nocións de Economía, Dereito e Administración

- Nocións de Ciencia e Tecnoloxía

 

2. Prácticas de interpretación:

- Interpretación xeral:

• Técnicas de Interpretación I

• Técnicas de Interpretación II

• Interpretación Consecutiva

• Interpretación Simultánea

 

- Interpretación especializada:

• IC Espec. (Instituc-política)

• IS Espec. (Ciencia + Tec)

• INT Terceira lingua FR_ES_FR

• INT Terceira lingua PT_ES_PT

• INT EN_GL_EN

• INT nos medios de comunicación EN_ES_EN (IS + IE)

- Prácticas en Empresa

3. Traballo fin de máster.

María Dolores González

www.quillslanguage.com