March 7th, 2010Recursos para tradutores
Cada tradutor conta con cadanseus recursos. Todas as traducións constan de varios procesos: a documentación previa, a tradución en si mesma, a revisión… Neste caso centrarémonos na última fase: a revisión. Seleccionamos algúns dos recursos máis interesantes para que as traducións non conteñan ningún deses erros que tanto amolan. Esperamos que vos sexan moi útiles!
CORRECTOR PARA VARIAS LINGUAS
Se o que estamos a precisar é un corrector multilingüe, http://www.correctorortografico.com/ pode ser a nosa solución. Trátase dun corrector moi básico pero efectivo e é operativo en varias linguas: alemá, holandés, inglés, español, portugués… Ás veces, o corrector do Word non é unha ferramenta suficiente.
CORRECTOR EN GALEGO
Trátase dun gran corrector en liña de galego, tan só temos que copiar o texto e o corrixe automaticamente. Ten a garantía de que foi creado pola Universidade de Vigo, polo que a calidade está garantida.
O corrector está dispoñible neste enlace: http://sli.uvigo.es/corrector/
Se temos algunha dúbida acerca da nova normativa do galego, outro dos recursos en liña máis importantes é o dicionario Ir Indo, que está actualizado e ademais conten equivalencias dos termos en inglés, español, portugués e alemán.
(http://www.digalego.com/) Tamén atoparemos nesta páxina unha sección de dúbidas lingüísticas, unha versión do dicionario para os móbiles, un conxugador de verbos, sinónimos e antónimos.
CORRECTOR EN PORTUGUÉS
Priberam creou un conxunto de aplicacións que son verdadeiramente útiles para os tradutores de portugués. Por una banda temos o dicionario que, ademais, conta con un conxugador de verbos. Pola outra, un potente corrector que analiza tanto os problemas sintácticos como léxicos e de concordancia.
A páxina de Priberam tamén é unha ampla fonte de recursos, xa que proporcionan un tradutor de termos y locucións ao español, francés, inglés e portugués, así como un conversor para o acordo ortográfico portugués e unha sección de dúbidas lingüísticas. (http://www.priberam.pt/DLPO/)
María Pía Terán
Quills Language Services
www.quillslanguage.com
No Comments »
No comments yet.
Leave a comment
You must be logged in to post a comment.



