Google para tradutores

Google para tradutores

Despois de todos os rumores da Rede, o 5 de xaneiro deste ano, Google presentou o seu novedoso terminal Google Nexus One, revolucionando así toda forma de comercializar a telefonía móbil, xa que o seu obxectivo é reunir nunha soa ferramenta os recursos Web e a telefonía móbil.

Para conseguir isto, traballaron en estreita colaboración con outro xigante fabricante de Taiwán: HTC.
Este novo terminal equipado con un potente sistema operativo, Android 2.1, ten 512 MB de RAM e 512 MB de ROM e utiliza un procesador Qualcomm Snapdragon QSD 8250-1 GHz de 1 ghz de velocidade. Outra das súas características é a cámara de 5-Mpx con enfoque automático e flash Led, que utiliza a pantalla de 3,7″ de tipo Amoled WVGA. Tamén é compatible coas redes GPRS / EDGE / GSM / HSDPA / HSUPA.

Co Nexus One os tradutores poden utilizar tamén as diferentes aplicacións dispoñibles no Android Market. De aí poden obter dicionarios, tradutores automáticos, etc. Co tempo, desenvolveranse aplicacións que serán probablemente moi útiles para os tradutores.

Outro elemento estrela do Nexus One é o recoñecemento de voz do terminal, que está implantado en todo o sistema, de xeito que poderemos usalo no noso navegador GPS ou no novo Google Earth.

Que diferenza ao Nexus One do seu principal competidor, o iPhone?

Entre as características coas que conta o o Nexus One podemos atopar:
- Máis delgado e lixeiro
- Mellor cámara de fotos (5Mp)
- Grabacións de vídeo en alta definición
- Batería con maior duración
- Pantalla AMOLED de máis resolución (480 x 800 px)
- Procesador máis rápido
- Pódense integrar tarxetas de memoria (ten xa unha tarxeta Micro SD de 4GB, aínda que é compatible con tarxetas de ata 32 Gb).

O prezo

Despois de moita especulación, xa se coñece o prezo definitivo que o Nexus One ten en EE. UU., aínda que teremos que agardar para descubrir o que costará este teléfono móbil en España. Na actualidade, o terminal está dispoñible soamente nos Estados Unidos, Singapur, no Reino Unido e Hong Kong. Polo momento, os prezos que Google determinou son diferentes en función da opción que consideremos:
1.- Nexus One libre: 530$ (369,65€).
2.- Nexus One con T-Mobile: 180$ (125,52€).
En Europa, o terminal estará dispoñible esta primavera e será Vodafone quen o comercialice.

María Dolores González
Quills Language Services
www.quillslanguage.com