Xa están pola versión 5 do Google Chrome porque Google non podía deixarnos sen un navegador Web. A versión anterior do navegador só era compatible con Windows, pero esta nova versión que se presentou o 11 de febreiro de 2010 é agora unha beta para linux y Mac.

Melloras das novas versións

• Suxestión de Google
• Administrador de marcadores
• Desprender pestanas do navegador
• Modo incógnito
• Pestanas multiproceso
• Acceso rápido a sitios frecuentes
• Crear accesos directos a aplicacións web con Google Gears
• Exportar e importar marcadores
• Actualización do motor V8 para máis velocidade en linguaxe JavaScript
• Autocompletado de formularios
• Zoom en páxina completa
• Capacidade para traducir páxinas á súa lingua con Google Translate
• Maior control na privacidade grazas ao control de contidos e listas de excepcións en Cookies, Imaxes, JavaScript, Complementos (Plug-ins) e Pop-ups

Un dos elementos que máis chaman a atención de Google Chrome é a súa elevada velocidade de carga e unha interface austera que se centra nas pestanas e nunha barra de direccións e ferramentas.

Tamén é importante resaltar que podemos escoller diferentes temas para o noso navegador e tamén personalizalo con diferentes extensións, que son pequenos programas que poden axudar a modificar e mellorar a funcionalidade de Google Chrome.

Entre elas podemos resaltar varias:
1. AdSweep: encargase de bloquear anuncios.
2. GmailDefaultClient: establece que Gmail sexa a aplicación predeterminada para  abrir ao pulsar os enlaces mailto.
3. Google Reader Notifier: amosa a cantidade de entradas que quedan por ler en Google Reader
4. Google Bookmarks for Chrome: substitúe os marcadores do navegador polos que estexan almacenados na conta de Google Bookmarks.
5. Gmail Checker: encárgase de amosar o número de correos que quedan por ler en Gmail
6. PageRank for Chrome: amosa o PageRank da páxina actual.
7. Flashblock: encárgase de bloquear a execución automática de arquivos flash. Cando no se amosan, aparece un icona que se pode pulsar para cargar o arquivo.

Laura Fernández Carballo
Quills Language Services
www.quillslanguage.com