March 10th, 2010Copa de fútbol mundial 2010 en Sudáfrica
Copa de fútbol 2010
Alemaña en 2006. Corea e Xapón en 2002. Francia 1998. E agora, no ano 2010, a menos de 6 meses para comezar: Sudáfrica. Neste país anfitrión celebrarase a XIX Copa Mundial da FIFA, na que se reunirán 32 seleccións nacionais, onde os equipos de fútbol deberán loitar pola vitoria como os que o fixeron fai catro años. Esta é a primeira vez que o torneo se celebra en África e a quinta que se celebra no Hemisferio Sur.
En xeral, Sudáfrica conta coas infraestruturas necesarias e os desprazamentos entre as diferentes cidades son asumibles, aínda que se observa que esta Copa Mundial impulsou a renovación que o país tanto ansiaba. Para conseguila, o goberno sudafricano inverterá máis de 9.000 millóns en novas obras e reformas.
O 9 de febreiro de 2010 ás 12.00 h (HCE) comezará a cuarta fase de venta de entradas, que será unha das últimas oportunidades dispoñibles para os aficionados que desexen presenciar a inminente Copa Mundial que durará ata o 7 de abril de 2010. Só se poderán adquirir as entradas a través de http://www.fifa.com/2010 o nas sucursais de FNB (soamente para os residentes sudafricanos).
Para este ano 2010, a mascota será Zakumi, un chamativo leopardo verde. As cores desta mascota son o verde e o amarelo, que son as cores da camiseta de Sudáfrica. As manchas de Zakumi son as típicas dos balóns de fútbol.
Precisaranse probablemente moitos intérpretes para este grande evento futbolístico que concentrará nun só lugar unha gran cantidade das linguas do planeta. Necesitaranse tamén tradutores para traducir ás diferentes linguas as noticias que proveñan dese país, onde as linguas oficiais máis importantes son o afrikáans e o inglés, entre outras moitas linguas típicas da rexión.
María Carolina Otero
Quills Language Services
www.quillslanguage.com
No Comments »
No comments yet.
Leave a comment
You must be logged in to post a comment.



